27 nov 2014

20 DE NOVEMBRO DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO.




Os Dereitos do Neno son dereitos que posúen os nenos, nenas e adolescentes polo simple feito de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.

Os nenos e nenas teñen dereito a:

  • Dereitos á supervivencia: que buscan protexer e garantir o dereito á vida e a satisfacer as súas necesidades máis básicas, coma o alimento, o abrigo e a protección da saúde.
  • Dereitos ó desenvolvemento: que buscan protexer e garantir o desenvolvemento pleno  coma o dereito á educación, á cultura, ó xogo e á liberdade de pensamento, conciencia e relixión.
  • Dereitos á protección: que buscan protexer e garantir que non sexan obxecto de abusos, neglixencia e explotación, coma o dereito ó nome, nacionalide e coidado.
  • Dereitos á participación: que buscan protexer e garantir a súa participación nas decisións que lles afectan e nas actividades das súas comunidades locais e países, coma a liberdade de expresión..
  • Dereitos a ser escoitado: que buscan protexer e garantir o seu respecto polos demais. Por que se non escoitas a un neno, este tampouco escoitará aos demais .


                        

No hay comentarios:

Publicar un comentario